Con motivo do inicio de ano, desenvolveuse o primeiro taller de primeiros auxilios dentro do programa DOC destinado á Escola Fundación Celta Genuine e a Fundación Celta Integra o pasado 28 de xaneiro ás 12:00h.
Durante a sesión, os participantes, entre os que se atopaban os alumnos da Escola Fundación Celta Genuine así como as súas familias e os xogadores da Fundación Celta Integra, aprenderon sobre como actuar fronte a situacións que se poden atopar na súa vida cotiá e mostráronse moi participativos.
Agradecemos a a ASOCIACIÓN VODEA pola súa boa disposición para acudir ás instalacións deportivas e impartir unha formación tan interesante como útil.