Gran satisfacción na Fundación e o RC Celta polo debut de dous xogadores da canteira coa Selección Española, unha convocatoria que recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde fai anos na formación de xogadores na Madroa. O porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril foron convocados pola Selección Sub-15 para os adestramentos oficiais que se desenvolverán na Cidade do Fútbol de Las Rozas do un ao tres de próximo mes de outubro.
Ambos xogadores, que pertencen ao RC Celta Cadete A, súmanse ás recentes convocatorias dos canteriáns Miguel e David Vilán coa Sub-16, Pampín coa Sub.19, Brais coa Sub-21 e Riki coa Sub-21 de Venezuela.