Hemeroteca canteira

Os canteiráns Pape Cheikh e Brais Méndez, campións da Copa Atlántico coa Sub-18

RC Celta

papebraisseleccion.jpg

O conxunto español sumou onte unha nova vitoria ante Portugal (3-1) que lle da o trofeo de campión

A participación dos canteiráns Pape Cheikh e Brais Méndez coa Selección Española Sub-18 non podía ser máis exitosa. Os dous xogadores celestes, con minutos en todos os partidos da Copa Atlántico, proclamáronse onte campións do torneo internacional co conxunto español tras vencer 3-1 a Portugal. Pape sumou unha nova titularidade, a segunda neste campionato, e completou os 90 minutos de xogo, mentres que Brais Méndez, titular no anterior encontro, xogou nesta ocasión os últimos 20 minutos.

 

O RC Celta felicita con todo o seu orgullo e agarimo a Pape e Brais, dúas novas promesas da canteira céltica que con esta experiencia deron un paso máis nas súas incipientes carreiras futbolísticas. O traballo do RC Celta e a Fundación Celta, sempre apoiado polo determinante apoio da afección celeste, continúa dando os seus froitos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas