Óscar Marcos, xogador do Celta Fortuna, foi convocado pola Real Federación Española de Fútbol para unirse aos adestramentos da Selección española Sub-19. Unhas sesións preparatorias que terán lugar en Las Rozas (Madrid) do 3 ao 8 de setembro de 2024.
Tras o seu debut coa sub-16 no ano 2021, o mediocentro tamén foi convocado coa sub-18 onde disputou un total de 100 minutos, repartidos en 3 encontros amigables, achegando 1 asistencia. Esta nova chamada supón un importante recoñecemento ao esforzo e dedicación que o xogador demostra cada día.
O RC Celta quere mostrar o seu orgullo cara ao fútbol base e os avances da canteira, piar fundamental da entidade celeste.
Parabéns, Óscar!