
Pablo Gavián amplía unha tempada máis o seu contrato co Celta e continuará defendendo a camiseta celeste ata 2029.
O lateral foi queimando etapas na Canteira ata consolidarse como unha das novas promesas do Celta Fortuna. A súa solidez defensiva, velocidade e capacidade para incorporarse ao ataque convertérono nun perfil de gran valor dentro do filial.
Tras debutar na tempada 2023/24, Pablo Gavián deu un paso este curso participando activamente no histórico ascenso a Segunda División, unha campaña na que demostrou un crecemento constante, asinando dous goles e dúas asistencias.
Agora, Pablo Gavián afronta un novo reto na primeira tempada do Celta Fortuna en LaLiga Hypermotion, na que seguro seguirá demostrando o seu talento Feito na Madroa.
Parabéns, Pablo!