O RC Celta segue apostando con forza pola canteira coa renovación por dúas tempadas máis de Pablo Meixús, un dos xogadores máis destacados da Celta Fortuna este curso.
O canteirán disputou este ano un total de 19 partidos en Primeira RFEF, acumulando 1.126 minutos sobre o terreo de xogo. O seu rendemento e evolución foron notables, converténdose nunha peza crave do filial celeste e demostrando un gran nivel que lle levou mesmo a adestrar co primeiro equipo fai apenas uns meses.
Nunha tempada marcada pola chegada de moitos xuvenís ao Fortuna, Pablo consolidouse como un referente para os máis novos grazas á súa polivalencia, compromiso e capacidade de liderado.
Por iso, esta renovación é máis que merecida e reforza o compromiso do club coa canteira e coa formación integral dos seus futbolistas. A continuidade de Pablo Meixús é unha gran noticia para o Celta e un impulso para todos os que forman parte das categorías inferiores.
Parabéns, Pablo!