O lateral celeste Diego Pampín foi operado este martes de xeito satisfactorio da fisura no quinto metatarsiano do pé dereito que sufriu no partido ante o Racing de Ferrol disputado o pasado 17 de marzo.
O canteirán celeste permanecerá de baixa entre 8 e 10 semanas. O club deséxalle unha pronta e completa recuperación.