España clasificouse cun empate ante Holanda no terceiro partido da fase de grupos (1-1)
A semifinal da Eurocopa Sub-19 que se disputa estes días en Grecia contará cun representante celeste. O canteirán Pape Cheikh superou a fase de grupos do torneo europeo coa Selección Española grazas a un vital empate ante Holanda no terceiro partido da fase de grupos. O céltico entrou ao terreo de xogo no minuto 68 e asinou un remate que estivo moi preto de converterse en gol.
España enfrontarase a Francia na semifinal o xoves 16 de xullo ás 20:45h no Estadio Katerini.