20260225_Entrenamiento_AnthonyKhayat-4
A Canteira

Parte médico de Anthony Khayat

RC Celta

O xogador do Celta Fortuna, Anthony Khayat, foi sometido onte a unha intervención cirúrxica no Hospital Fremap de Vigo para tratar a lesión do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.

A intervención foi realizada polo xefe dos servizos médicos do club, o Dr. Cota, e desenvolveuse sen complicacións. O celeste recibiu a alta hospitalaria durante a xornada de hoxe e iniciará nos próximos días o correspondente proceso de rehabilitación. Estímase un período de baixa de arredor de oito meses.

O Celta deséxalle unha pronta e satisfactoria recuperación.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas