Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá presentou esta mañá nas instalacións do Campo Municipal Lino Balado a undécima edición nesta sede, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, un programa externo en horario de 9.30h a 14.00h.
O campus, dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos da Canteira.
O acto contou coa presenza de Germán Arteta, director da Fundación Celta e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas, que foron recibidos polo Concelleiro de deportes Antonio Leira, o Presidente do ED Xuventude Oroso José Ferro, e o coodinador do club Gonzalo Goyanes.
Durante o acto presentáronse todos os detalles da XI Edición do Campus Fundación Celta by Cabreiroá – Oroso dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles mozos e mozas que queiran gozar durante uns días dunha experiencia única en Oroso.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic nesta ligazón.
Non esperes máis e lembra que tes a promoción ata o 4 de xuño dunha camiseta extra de adestramento gratis se te inscribes antes desa data, ¡as inscripcións xa están abertas para este verán!