Esta mañá presentouse no Salón Rexio da Sede o Campus Fundación Celta by Cabreiroá – Xinzo de Limia que se desenvolverá entre o 2 e o 6 de agosto no Campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera.
O campus, dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos da Canteira.
Como anfitrións do acto estiveron Germán Arteta, director da Fundación Celta, Manu Gómez, coordinador de campus e escolas, e Borja Portas do departamento de clubs convidos da Fundación Celta, quenes recibiron a Juan Miguel López, presidente do EDC Xinzo de Limia, David Carneiro, técnico deportivo do Concello e Rafael Penabad Concelleiro de deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Durante o acto presentáronse todos os detalles da nova edición do campus dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles mozos e mozas que queiran gozar durante uns días dunha experiencia única en Xinzo.
Se desexas máis información acerca do Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
Non esperes máis e lembra que tes a promoción ata o 4 de xuño dunha camiseta extra de adestramento gratis se te inscribes antes desa data, as inscricións xa están abertas para este verán!