A Fundación Celta presentaou no Salón de plenos do Concello de Mondoñedo, a sede do Campus de verán na localidade organizado de maneira conxunta co club de fútbol local Mondoñedo FC e o Concello de Mondoñedo a través da súa concellería de deportes.
Germán Arteta, director da Fundación e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas foron recibidos por Manuel Otero, Alcalde de Mondoñedo, Manuel Tapia, concelleiro de deportes, Manuel Barreira, presidente do Mondoñedo FC, Patricia Otero, concelleira do Camiño Norte, Asociacionismo e participación cidadá, Manolo Cadramón Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e José Gómez Rico, presidente da Asociación Salto do Coro.
Durante o acto presentáronse todos os detalles do campus que se celebrará do 12 ao 16 de xullo nas instalacións do Campo Viñas da Veiga. Esta actividade está destinada a nenos de 4 a 16 anos de idade, que participarán en horario de 9:45 a 14 horas.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
As inscricións xa están abertas para este verán!