A Fundación Celta presentou no Salón de plenos do Concello de Barreiros, a sede do Campus de verán que se celebrará na localidade, organizado de maneira conxunta cos clubs de fútbol locais Celta de Barreiros e Iberia e o Concello de Barreiros a través da súa concellería de deportes.
Actuaron como anfitrións do acto Ana Ermida, alcaldesa do Concello de Barreiros e Daniel García, concelleiro de deportes quen recibiu a Germán Arteta, director da Fundación e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas.
Durante o acto presentáronse todos os detalles do campus, que se celebrará do 2 ao 4 de agosto nas instalacións do Campo de O Cascabeiro e do 5 ao 6 de agosto nas instalacións do Campo de As Valgas. Esta actividade está destinada a nenos de 4 a 16 anos de idade, que participarán en horario de 9:45 a 14 horas.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
As inscricións xa están abertas para este verán!