A Fundación Celta presentou esta mañá nas instalacións do Campo Manuel Ánxo Cortizo en Lalín a nova edición do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá – Lalín, para nenos e nenas de 4 a 16 anos que se desenvolverá entre o 12 e o 16 de xullo, un programa externo en horario de 9.30h a 14.00h.
O campus coordinado conxuntamente co Concello de Lalín e a Escola de Fútbol Lalín, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos de A Canteira.
Durante o acto -que contou coa presenza de Germán Arteta, Director da Fundación Celta e Manu Gómez, Coordinador de campus e escolas, quenes foron recibidos polo Concelleiro de deportes Avelino Souto, o Presidente da Escola Futbol Lalín José Manuel Vázquez, e o coordinador deportivo da Escola Javier López- se presentaron todos os detalles deste Campus dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles rapaces e rapazas que queiran gozar de una experiencia celeste en Lalín.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
Non esperes máis e inscríbete aquí!