Esta mañá presentouse no Salón Rexio de A Sede o Campus Fundación Celta by Cabreiroá – Praiña que se desenvolverá entre o 26 e o 30 de xullo no Campo de fútbol Juan Amado-Reis
O campus, dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, conta con adestramentos seguros aplicando o protocolo especial covid-19 en grupos reducidos e a cargo dos técnicos de A Canteira.
Como anfitrións do acto estiveron Germán Arteta, director da Fundación Celta e Manu Gómez, coordinador de campus e escolas, quen recibiron a Marcos Pernas, Presidente do Praiña Sporting Club e Alberto Fernández, Coordinador Xeral do Praiña Sporting Club.
Durante o acto presentáronse todos os detalles da nova edición do campus dirixido tanto a alumnos do club como a todos aqueles mozos e mozas que queiran gozar durante uns días dunha experiencia única en Teo.
Se desexas máis información acerca de Campus Fundación Celta by Cabreiroá, fai clic en esta ligazón.
As inscricións xa están abertas para este verán!