Na mañá de hoxe martes 30 de xullo, levou a cabo a presentación do Campus de Fútbol que o Atlético Riveira e o Concello organizan en colaboración coa Fundación do RC Celta de Vigo.
O Campus, que se desenvolverá nas instalacións do Campo A Fieiteira durante os días 5 ao 9 de agosto , está dirixido a niñ@ s entre 4 e 16 anos, co fin de ofrecer unha semana de adestramento, diversión, compañeirismo e moito fútbol, da man dalgúns dos adestradores da canteira celeste.
Na presentación estiveron presentes Dna. Juana Brión, edil de deportes, D. Andrés Martínez, directivo do Atlético Riveira e D. Alex Abalde, coordinador xeral de campus e clinics da Fundación Celta e responsable de Celta Integra.