Unha vez abertas as inscricións dos CLINICS DE NADAL 2025 toca achegarnos a cada unha das diferentes sedes para realizar as presentacións das mesmas ante os medios locais de cada zona. As sedes colaboradoras presentadas para esta nova edición son as seguintes:
CLUB DEPORTIVO ROIS (Rois – A Coruña). Nas instalacións deportivas do propio club, campo da Braña, coa presenza do presidente e directivos do club.

ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE (A Estrada – Pontevedra). No Concello da Estrada coa presenza do Concelleiro de deportes do Concello, membros da xunta directiva da Escola Estrada Fútbol Base, ademais de Pacheco adestrador das categorías inferiores do Celta natural de A Estrada.

PABELLÓN OURENSE C.F. (Ourense). No centro comercial PONTE VELLA coa presenza do presidente e directivos do Pabellón Ourense C.F., así como do noso conselleiro e exporteiro do CELTA, SERGIO ÁLVAREZ. Tamén estiveron presentes xogadores e pais de equipos de fútbol base do Pabellón.

CONCELLO DE TOMIÑO (Tomiño – Pontevedra). No Concello de Tomiño coa presenza da alcaldesa e outros membros da alcaldía de Tomiño e representantes dos clubs do propio Concello (Tomiño F.C., A.D. Tomiño, Tomiño F.C. Feminino e Goián C.F.), ademais de Hugo, adestrador das categorías inferiores do Celta natural de Tomiño.

En todas elas coa presenza de Fernando Iturbe, Responsable Desenvolvemento de Negocio, e Manu Gómez ,Responsable Dirección de Clinics, como representación do CELTA.
O noso agradecemento e satisfacción pola boa acollida por parte de todas as sedes que colaboran co CELTA para levar a cabo esta actividade do Nadal que ano tras ano serve de goce de centos de nenos/as por toda a nosa comunidade.
Algunha das sedes presentadas xa está moi preto de completar todas as prazas dispoñibles, por tanto é conveniente inscribirse canto antes para asegurar a praza e poder gozar dunha experiencia deportiva e social inesquecible.
Más información e inscricións AQUÍ.