O Celta Fortuna comeza a súa pretempada esta semana. O vindeiro venres arrincarán as probas médicas e o luns 15 de xullo iniciaranse os adestramentos na Cidade Deportiva Afouteza. Tras unha campaña excepcional na que o equipo filial alcanzou a cuarta posición, asegurando o seu lugar no play-off de ascenso a Segunda División, os celestes volven ao traballo con miras á tempada 2024/25.
En canto aos choques de pretemporada, a Celta Fortuna ten confirmados os seguintes partidos:
Sábado 27 de xullo contra Bergantiños CF (19:00h, Burgans)
Mércores 31 de xullo contra Coruxo FC (11.30h, Cidade Deportiva Afouteza)
Sábado 3 de agosto contra CD Lugo (19:30h, Baltar)
Mércores 7 de agosto contra RC Celta (11:30h, Cidade Deportiva Afouteza)
Sábado 10 de agosto contra RC Ferrol (19:00h, Municipal Jesús García Calvo)
Sábado 17 de agosto contra Arosa SC (20:00h, A Lomba)
Estes encontros serán cruciais para que os xogadores adquiran un ritmo competitivo e cheguen en óptimas condicións ao comezo da que seguro será outra campaña histórica para o filial do RC Celta.