Nunha mostra do noso compromiso cos afeccionados do Celta Fortuna, e en colaboración con outros quince clubs clubs pertencentes ao grupo I de Primera Federación, alcanzamos un acordo para unificar o prezo das entradas visitantes durante a tempada 2025/26. Desta maneira, o acceso para os afeccionados que se despracen para animar ao seu equipo terá un prezo de 15 euros en todos os encontros disputados entre os clubs adheridos ao devandito acordo.
Os equipos participantes son: Celta Fortuna, Unionistas de Salamanca, CD Guadalajara, Osasuna Promesas, CF Talavera de la Reina, Racing de Ferrol, CP Cacereño, CD Lugo, Zamora CF, CD Tenerife, SD Ponferradina, AD Mérida, Ourense CF, Bilbao Athletic, Real Avilés Industrial CF e Barakaldo CF. Este compromiso aplicarase de maneira recíproca ao longo de toda a tempada 2025/26 quedando excluídos os partidos de Play-off ou Copa.
Desde o Celta celebramos esta iniciativa como mostra do noso firme compromiso co celtismo co obxectivo de facilitar os seus desprazamentos e fomentar un maior ambiente nas bancadas alá onde vaia o Celta Fortuna. Porque nosa principal esencia sodes vós, afección.