O Grupo RC Celta e Máis Enerxía Galega, compañía de luz e gas con oficinas centrais en Vigo, reforzan o seu compromiso co futuro do fútbol feminino coa posta en marcha da Copa Máis Enerxía, un torneo de fútbol feminino no que participarán as categorías inferiores dos principais equipos galegos os días 19 e 20 de marzo.
Esta semana Santa, as instalacións deportivas da Madroa, en Vigo, acollerán a primeira edición da Copa Máis Enerxía. Trátase dun torneo pioneiro en Galicia creado para as categorías inferiores do fútbol feminino de toda a comunidade. A compañía enerxética Máis Enerxía, con oficinas centrais en Vigo, patrocina esta competición organizada polo Grupo RC Celta. A cita deportiva terá lugar os días 19 e 20 de abril e reunirá aos principais equipos femininos de base galegos.
Esta iniciativa xorde co fin de fomentar o deporte desde idades temperás, promover hábitos de vida saudables, e reforzar a visibilidade e o desenvolvemento do fútbol feminino galego. A Copa Máis Enerxía desenvolverase durante dúas xornadas: o sábado 19 disputaranse os encontros de categoría F-8, con 15 equipos participantes. Ademais celebrarase un torneo amigable que reunirá a 6 equipos da categoría biberón, e unha exhibición do conxunto do Celta Integra e As Celtas. O domingo 20 chegará a quenda das categoría F-11, con 6 equipos infantís e 8 equipos cadetes.
Contaremos coa instalación dunha área de comida, unha zona de xogos e múltiples sorpresas. Os partidos do domingo da categoría cadete poderanse ver a través da canle de As Celtas en GS360.
O torneo que Máis aposta polo talento e o futuro do deporte feminino
Desde Máis Enerxía destacan que a Copa Máis Enerxía reforza o seu apoio ao deporte galego e, especialmente, as iniciativas que impulsan o crecemento do fútbol feminino. “Queremos estar onde se constrúe o futuro. Por iso apostamos polo talento novo e por un modelo de deporte inclusivo, saudable e con valores en liña dos da nosa compañía”, explican desde Máis.
Como Patrocinador Oficial de As Celtas e Provedor Oficial de Enerxía do RC Celta, Máis Enerxía desenvolveu no último ano un vínculo estreito co club celeste. A compañía é a responsable de iluminar o estadio Abanca Balaídos, as cidades deportivas da Madroa e Afouteza, así como A Sede. Esta alianza permítelles reafirmarse no seu papel como aliado enerxético clave en todas as áreas do club.
Máis impulso ao deporte base desde Galicia
“A Copa Máis Enerxía é máis que un torneo. Buscamos que se converta nunha plataforma de desenvolvemento para xogadoras que comezan a dar os seus primeiros pasos. Queremos que sexa un punto de encontro para familias e unha aposta clara polo futuro do deporte feminino galego”, destacan desde a organización. Esta Copa nace para converterse nunha cita anual de referencia, tanto no deportivo como na súa capacidade para captar e potenciar novos talentos.
Despezamento informativo: Fútbol femenino base en Galicia
- Patrocinios con propósito:Máis Enerxía Galega é Patrocinador Oficial de As Celtas, o equipo feminino do RC Celta. A enerxética consolida así o seu apoio ao fútbol feminino desde a base ata a elite. Esta colaboración é unha mostra máis do seu compromiso coa igualdade, o deporte e o desenvolvemento do talento feminino en Galicia.
- Crecemento sostido: No últimos cinco anos, o número de licenzas femininas en Galicia aumentou un 35%, segundo a Real Federación Galega de Fútbol.
- Deporte e saúde: Diversos estudos apuntan a que a práctica regular do deporte na infancia mellora o rendemento académico, reduce #o #estrés e fortalece valores como o traballo en equipo e a resiliencia.
- Espazos seguros para crecer: A Madroa, sede do torneo, é un dos principais centros de tecnificación do fútbol basee en Galicia, con instalacións adaptadas á formación de novos talentos.
- Coa celebración desta primeira edición, Máis Enerxía Galega reforza o seu compromiso con Galicia, co deporte e coas novas xeracións. Unha enerxía que non só ilumina grandes estadios, senón tamén soños de Máis futuro.