Presentación Campus 2025 LOS SAUCES PONTEVEDRA
Campus gl

PRIMEIRAS PRESENTACIÓNS DOS CAMPUS DE VERÁN RC CELTA 2025!

RC Celta

Unha vez abertas as inscricións dos CAMPUS DE VERÁN 2025 toca facer percorrido polas diferentes sedes para realizar as presentacións das mesmas ante os medios locais de cada zona. As sedes presentadas ata a data son as seguintes:

COLEXIO COMPAÑÍA DE MARÍA – SANTIAGO DE COMPOSTELA. Nas instalacións deportivas do colexio coa presenza do presidente do club de fútbol do propio colexio.

 

ARES. No Concello de Ares coa presenza de representantes do Concello de Ares e da delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol.

 

MONDOÑEDO. No Concello de Mondoñedo coa presenza de representantes do Concello de Mondoñedo, do club Mondoñedo FC e da Xunta de Galicia.

 

BARREIROS. No Concello de Barreiros coa presenza de representantes do Concello de Barreiros e dos clubs do propio concello, CF Celta Barreiros e Iberia CF.

 

COLEXIO LOS SAUCES – PONTEVEDRA. No Colexio Los Sauces coa presenza do director do colexio e dun numeroso grupo de alumnos/as.

 

OROSO. No campo de fútbol Lino Balado coa presenza dalgúns representantes do Xuventude Oroso e do Concello de Oroso.

 

NOIA. No Concello de Noia coa presenza dalgúns representantes do CF Noia e do Concello de Noia.

 

En todas elas coa presenza de Manu Gómez como representante do RC Celta e responsable da dirección dos Campus, e Blas Charlín, como coordinador deportivo.

 

Expresamos a nosa satisfacción e agradecemento a todas as sedes por colaborar co RCCelta en levar a cabo esta actividade estival que ano tras ano serve de goce de centos de nenos/as por toda a nosa comunidade.

 

Algunha das sedes presentadas xa completaron a súa capacidade dispoñibles e outras están moi preto de facelo por tanto é conveniente inscribirse canto antes para asegurar a praza e poder gozar dunha experiencia deportiva e social inesquecible.

 

Máis información e inscricións AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Campus gl

Noticias recomendadas