WhatsApp Image 2026-03-14 at 02.07.17
A Canteira

Punto de mérito ante o líder | Celta Fortuna 1-1 CD Tenerife

RC Celta

O Celta Fortuna logrou un punto moi traballado ante o CD Tenerife (1-1). O filial celeste amosou carácter e orde durante os 90 minutos, adiantouse ao inicio da segunda metade cun gran gol de Anxo e estivo moi preto de sumar unha vitoria de prestixio, que finalmente escapou no engadido.

O encontro comezou cun líder de grupo que quixo levar o peso do xogo e obrigou aos celestes a replegarse preto da súa área. Pero o equipo de Fredi Álvarez, nesta ocasión baixo a tutela de David Sierra, mantívose sólido na defensa, con disciplina e cun Coke moi inspirado baixo paus. Os celestes buscaron as súas opcións, sobre todo a balón parado, pero o marcador non se moveu antes do descanso.

A segunda metade arrincou mellor para os locais. No minuto 48, Anxo aproveitou unha boa acción colectiva para asinar un gran gol que adiantaba ao Fortuna. Con vantaxe, os celestes defenderon con intensidade ante un Tenerife que volveu apretar en busca do empate. O cadro celeste aguantou firme durante moitos minutos, pero no engadido unha acción desafortunada rematou por converterse no 1-1 definitivo.

Máis alá do resultado, o Celta Fortuna deixou outra vez claro que sabe competir ante os mellores, cunha fortaleza e confianza que lle axudarán a afrontar o seguinte duelo, o derbi galego ante o Arenteiro, o próximo venres 20 de marzo ás 20:30 h.

FICHA TÉCNICA:

1 – Celta: Coke; Gavian, Ribes (Angel Arcos, min.46), Anxo Rodríguez, Meixus, Jan Oliveras (Milla, min.46); Capdevila, Antañón, Hugo González (Lafuente, min. 82), Oscar Marcos (Luis Bilbao, min.89) e Somuah (Joel López, min.64).

1 – CD Tenerife: Dani Martín, David Rodríguez Ramos (Cristian Montes, min.84), José León, Landazuri, César Álvarez; Nacho Gil (Gaston Valles, min.70), Juanjo, Fabricio Assis, Noel Lopez (Jesús de Miguel, min.84); Alassan Manjan (Mahamadou Balde, min.57) e Enric Gallego (Dani Fernández, min.70).

Goles: 1-0, min.49: Anxo Rodríguez ; 1-1, min.94: Anxo Rodríguez.

Árbitro: Aimar Velasco Arbaiza, comité Vasco. Oscar Marcos no minuto 72, Coke no 83 e Antañón no 92, amonestados por parte dos locais. Por parte do CD Tenerife viron cartón amarelo David Rodríguez Ramos no minuto 23 e Landáuzari no 83.

Incidencias: Partido correspondente á Xornada 28 do Grupo I da Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos ante 1714 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas