Este martes o espazo solidario de Nadal que a Fundación RC Celta ten no Tinglado do Porto (Estrada Porto 3, Vigo) contará coa presenza de dous xogadores do primeiro plantel. Rafinha e Pione Sisto estarán este martes 17 de decembro de 18.00 a 19.00 horas asinando autógrafos e fotografándose con todos os afeccionados celestes que se acheguen até a caseta.
Ademais, e até o próximo 4 de xaneiro, o espazo solidario da Fundación acollerá numerosas actividades entre as que destacan a visita dos xogadores do Celta Integra, campións de España en fútbol para persoas con discapacidade, contacontos (tamén en inglés), talleres de decoración de galletas, talleres de manualidades e a visita dela autora Isabel Porto.
O horario deste espazo de Nadal é de 12.00 a 22.00 horas salvo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.