CESAR 3
A Canteira

O canteirán César Fernández, celeste ata 2027

RC Celta


O RC Celta continúa apostando polos xogadores da casa, xogadores con mocidade, destreza e talento, para afianzar as filas do filial celeste; e César Fernández (Ourense, 2004), é un deles. O canteirán, que encarna os valores de afouteza e corazón que definen ao club, renova coa entidade celeste ata 2027.

“Renovar co club é unha gran oportunidade para min, para seguir mellorando tanto dentro do campo como fora como persoa” comenta o gardameta do Celta Fortuna. Pois César entrou como alevín, fai xa nove anos, no club que tempada a tempada veríao crecer e converterse no xogador que é hoxe en día. “O Celta é un club moi familiar, que marca uns valores para seguir, e creo que iso é algo diferencial”.

Esta tempada, na que se conmemora o Centenario do Club, César espera asinar unha boa campaña co filial celeste. “O equipo está moi ilusionado, está a traballar moi ben e todos estamos xuntos para conseguir cumprir os obxectivos”.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b

Noticias recomendadas