O pasado venres 18 de febreiro asinouse a renovación do convenio de colaboración entre a Fundación Celta e o Grupo Davila-Termavi en calidade de membros protectores, unha vinculación que xa ten un percorrido de 21 anos, cun gran compromiso nas accións sociais, solidarias, formativas e de inclusión que leva a cabo a Fundación, englobando á canteira, ás escolas do Celta e sobre todo ás actividades de o proxecto Fundación Celta Integra con accións que inciden no desenvolvemento persoal de persoas con diversidade funcional.
Ao acto -celebrado nas oficinas do Grupo Termavi- acudiron José Manuel Raimúndez, conselleiro delegado do Grupo Davila, Tomás Palacios, director de Termavi, Pablo González, responsable de comunicación e márketing da división industrial do Grupo Davila, Lidia Caride do departamento comercial e de márketing da Fundación Celta e Germán Arteta, director da Fundación Celta.