A fin de semana comezou o pasado sábado en horario matutino coa segunda xornada da segunda fase de competición dos equipos de fútbol 8: empates a dous goles de Alevín A e Benxamín B ante os seus homólogos da ED Val Miñor e a vitoria do Alevín B ante o San Miguel B (9-1). Ao mediodía tivo lugar o triunfo por 1-3 do Infantil B ante o CP Alertanavia en Pahiño para alcanzar os 38 puntos, mentres que o Cadete B situábase colíder despois de vencer por 1-2 ante o CD Ribadumia na Senra. Pola súa banda, o Cadete A pechaba a mañá superando os corenta puntos en División de Honra despois de impoñerse por 5-0 ao Arousa SC na Madroa. Pola súa banda, o Xuvenil B despedía o sábado vencendo por 1-3 ao Porriño Industrial FC en O Lourambal.
Ante este mesmo rival e nese mesmo escenario iniciaba o Cadete B o domingo, que se impuxo por 0-10 para alcanzar os 45 puntos en Liga Galega. Ao mediodía tivo lugar o prato forte da fin de semana co triunfo (2-1) do Xuvenil A ante o RC Deportivo da Coruña na Madroa nos dezaseisavos de final da Copa del Rey Juvenil. Por último, o Celta C – Gran Peña derrotou por 0-2 ao Portonovo SD en Baltar na xornada 14 do subgrupo 2A de Preferente Sur.