A fin de semana comezou o pasado sábado en horario matutino co triunfo do Infantil A por 0-6 ante a UD Santa Mariña en Cotogrande para ampliar ata os cinco puntos a súa distancia no liderado de Liga Galega. Idéntico resultado para un Infantil B que se impuxo ao Chapela CF na Parada para poñerse con 45 puntos, mentres que o Alevín B impúxose por 11-0 ante Escola Fútbol DSF B para sumar doce puntos na segunda fase da competición. Unha mañá na que os equipos benxamíns enfrontáronse ante UD Santa Mariña Alevín (0-1 na Madroa) e Erizana CF (0-6 en Aral) en senllos amigables. Pola tarde, o Cadete B impúxose por 0-5 ante o Colexio Hogar SR para sumar 39 puntos, mesmos puntos para un Xuvenil B que empatou ante o CD Conxo en Santa Isabel. Pola súa banda, o Celta B pechou o día vencendo por 4-1 ao Bilbao Athletic en Abanca Balaídos, alcanzando a quinta posición con 34 puntos.
Ao día seguinte, o Xuvenil A impúxose por 7-0 ante o CD Bezana na Madroa no partido adiantado da xornada 22 para sumar 50 puntos. Pola súa banda, o Celta C – Gran Peña impúxose por 1-2 ante o Umia CF e mantense líder en solitario con 32 puntos.
Fundación