Resultados 2021-2022
A Canteira

Resultados da canteira do RC Celta (25, 26 e 27 de febreiro)

RC Celta

A fin de semana comezaba o venres coa oitava xornada de liga para o Benxamín B, que venceu por 0-6 á AD Montecastelo; ao día seguinte, este equipo disputou o encontro aprazado da xornada 4 ante o Sporting Guardés na Sangriña, pechando a fin de semana con 22 puntos.
O sábado arrincaba cos triunfos dos conxuntos alevíns na Madroa ante CP Alertanavia e Racing Vilariño, respectivamente. Posteriormente, o Cadete B impúxose por 5-1 ante o Salgueiriños CF na Madroa e suma 48 puntos en Liga Galega, mentres que o Infantil A pechaba a mañá con empate (2-2) ante a ED Val Miñor en Ureca, mantendo o liderado con 61 puntos. Pola tarde, o Xuvenil B impúxose por 0-1 ao CD Choco en Santa Mariña e sitúase con 48 puntos en Liga Nacional, mentres que o Celta B aséntase na terceira posición do grupo I de Primeira RFEF Footters tras vencer por 3-1 ante o Unionistas de Salamanca CF en Barreiro.
O domingo estivo protagonizado por un Xuvenil A que se clasificou aos cuartos de final da Copa do Rey Xuvenil tras gañar por 0-2 ao Málaga CF.

International Carnaval Cup | Infantil B (4º posto)

Fase de grupos: RC Celta B 1-0 Vic Riuprimer

Fase de grupos: RC Celta B 7-0 Premià de Dalt

Fase de grupos: RC Celta B 5-0 Mollet UE

1/8 de final: RC Celta B 4-0 Igualada CF

1/4 de final: RC Celta B 2-0 Reus Deportiu

Semifinais: RC Celta B 0-3 FC Barcelona

3º-4º posto: RC Celta (2-2) Valencia CF (derrota a penaltis)

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas