Resultados 2021-2022
A Canteira

Resultados da canteira do RC Celta (18, 19 e 20 de marzo)

RC Celta

A fin de semana comezaba o sábado cos equipos alevíns, que vencían a domicilio ante Rápido de Bouzas (0-2) e Escola Fútbol DSF B (0-8), respectivamente. Un Alevín A que, o domingo, impoñíase á SD Compostela na terceira xornada do Conservas Calvo F11. A mañá do sábado pechábase co triunfo do Benxamín B na xornada 11 da segunda fase.
Pola tarde, o Xuvenil A derrotaba por 1-10 á SD Compostela en Santa Isabel e superaba os setenta puntos en División de Honra, mentres que o Cadete A despedía o día con triunfo por 1-4 ante a UD Santa Mariña para sumar 66 puntos.
O domingo iniciábase con senllos encontros amigables de Alevín B (4-2) e Benxamín A (3-1) na Madroa ante os seus homólogos da EF Peloteros. Máis tarde, dobre enfrontamento a domicilio: o Xuvenil B empataba (1-1) ante o Arousa SC no Manuel Jiménez e o Infantil A caía (3-2) ante o Pabellón Ourense CF en Os Remedios. A media mañá chegaba unha dobre ración celeste: o Celta B caía por 1-0 ante o Zamora CF no Ruta de la Prata, mentres que o Cadete B vencía ao Alondras CF na Madroa. A fin de semana pechábase co empate (0-0) do Celta C – Gran Peña ante o CD Valladares en Barreiro na última xornada, pechando a primeira fase con 49 puntos.

U13 Dubai Intercontinental Football Cup | Infantil B (5º posto)

Fase de grupos: RC Celta B 4-0 Zed FC B

Fase de grupos: RC Celta B 3-0 Al Wasl FC

Fase de grupos: RC Celta B 1-0 PSD Eindhoven

1/4 de final: RC Celta B 0-1 Antalayaspor CF

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas