O defensa do RC Celta B, Riki Mangana, xogará cedido até final de tempada no Guijuelo tras o acordo alcanzado por ambos os clubs e o xogador. O club deséxalle moita sorte durante esta cesión.
Doutra banda, o RC Celta e Dani Vega acordaron a desvinculación do atacante, que emprende unha nova etapa deportiva. O club quere agradecer o seu comportamento e profesionalidade durante a súa estancia no conxunto celeste.