Fredi Álvarez valorou en rolda de prensa o empate do Celta Fortuna ante o AD Mérida no estadio de Barreiro, despois de que os celestes tivesen que pelexar contra vento e marea ao quedar con 10 a máis de media hora para o final.
“Quedo coa sensación de que o equipo estaba triste por non gañar con dez, iso dáme confianza para futuro“, recoñece o técnico tras un encontro no que destaca que “é importante valorar que acabamos o partido con 10 xogadores, tres deles en idade xuvenil“.
Pola súa banda, Anxo Rodríguez recoñece que “sabiamos que sería un partido moi físico, pero a pesar de xogar cun menos non sufrimos en exceso, acabando o partido en campo rival”. Ademais, engade que “estou moi orgulloso polo traballo realizado por todo o equipo“.
Non te perdas as súas declaracións completas!