Rolda de prensa de Fredi Álvarez e Coke Carrillo tras lograr o empate ante a SD Tarazona en Abanca Balaídos e prolongar a súa xeira como invictos a cinco xornadas. O técnico celeste fai unha “valoración moi positiva tras unha semana moi difícil“. Ademais, destaca que “o equipo debe ser ambicioso pero sen necesidade de ir máis aló, loitar por gañar cada partido“. Mentres, o gardameta celeste pon en valor a unión de todo o vestiario e a importancia de encadear “estes cinco partidos sen perder que nos axudan moito para este final de tempada“.
Non te perdas as súas declaracións completas!