Hemeroteca canteira

Rubén Blanco, David Costas e Santi Mina, convocados pola Sub-19 ante Países Baixos

RC Celta

santi_seleccion_web_16913.jpg

A canteira celeste mantén o seu gran protagonismo nas categorías inferiores da Selección Española

 

Novo compromiso internacional da Selección Española Sub-19 e nova dilatada presenza de xogadores do Real Club Celta. Para o partido ante Países Baixos, que se disputará o día cinco de marzo, o seleccionador convocou aos célticos Rubén Blanco, David Costas e Santi Mina, que consolidan a nutrida representación da canteira celeste nas categorías inferiores do combinado nacional.

 

A canteira do Real Club Celta continúa proporcionando satisfaccións ao club e á afección, cuxo decidido respaldo á aposta do club por potenciar e desenvolver as categorías inferiores resulta fundamental para o crecemento do fútbol base celeste.

 

Tres futbolistas célticos foron convocados para o partido internacional que protagonizarán o día cinco de marzo ás 18.30 horas as seleccións Sub-19 de Países Baixos e España na localidade holandesa de Katwijk: Rubén Blanco, David Costas e Santi Mina. Este encontro servirá de preparación para Rolda Elite clasificatoria para o Campionato de Europa que se celebrará en Vigo, co Celta como anfitrión, a partir do próximo 31 de maio.

 

A este tres xogadores do Real Club Celta sumáronse en diversas convocatorias desta selección Borja Fernández, quen está a se recuperar dunha lesión, e Yelko Pino, quen recentemente disputou coa Selección Sub-18 a Copa do Atlántico, na que ofreceu un notable rendemento.

 

A convocatoria destes tres novos futbolistas célticos referenda a firme aposta do club e da afección pola canteira, a pedra angular do proxecto celeste.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas