O Celta C – Gran Peña xa ten definido ao seu próximo rival nos playoffs: o Salamanca CF UDS. Os charros blanquinegros serán os adversarios na última etapa para lograr o ansiado ascenso a Segunda Federación.
Tras vencer ao UD Ourense o pasado domingo (2-1) no Estadio Municipal de Barreiro, o Celta C – Gran Peña logrou o pase para a seguinte fase. Pola súa banda, o Salamanca CF UDS conseguiu avanzar á seguinte rolda ao gañar, tamén o domingo, ao Atlético Tordesillas (2-0).
O primeiro encontro entre Celta C – Gran Peña e Salamanca CF UDS será entre o 15 e 16 de xuño en casa. A volta, que determinará quen logrará ese billete de ascenso, xogarase a domicilio entre o 22 e 23 de xuño.