canteira-celeste-3.jpg
A Canteira

Seis xogadores celestes, cinco deles canteiráns, nos candidatos ao Fútbol Draft

RC Celta

canteira-celeste-3.jpgO RC Celta duplica os seus candidatos ao Fútbol Draft, cuxo Comité Técnico reuniuse nas últimas horas para elixir aos 99 novos talentos do fútbol español que optarán a entrar nos Onces de Ouro, Prata e Bronce. Entre os candidatos atópanse seis xogadores celestes, os canteiráns Sergio Carreira, Jose Fontán, Carlos Domínguez, Gabri Veiga, Miguel Rodríguez e o atacante do primeiro equipo Miguel Baeza.

Nos últimas tempadas é habitual que os futbolistas da canteira celeste figuren entre os mellores onces de Fútbol Draft. O capitán Hugo Mallo foi seleccionado en 2011 e 2012, Jonny e Rubén Blanco entraron nos Once Prata e Bronce en 2013. Doce meses despois, en 2014, Rubén repetiu no terceiro mellor equipo, Santi Mina estivo no segundo e Jonny e David Costas no primeiro. Un exercicio máis tarde repetiron Santi Mina, Jonny (Ouro) e Rubén Blanco (Prata). Os últimos en aparecer foron Iván Villar en 2017 e Fran Beltrán en 2018 e 2019.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas