A Selección Española Sub-21 pecha unha serie de lista de convocados das distintas categorías nacionais con gran protagonismo para a canteira do RC Celta. O lateral Sergio Carreira forma parte do combinado nacional Sub-21 que se medirá a Rusia e Lituania para dirimir a clasificación para o Campionato de Europa da categoría.
A Selección Española medirase o 3 de setembro a Rusia e xogará cinco días despois ante Lituania co canteirán celeste entre os protagonistas. Carreira debuta co combinado nacional de Luís de la Fuente, que afronta dous importantes encontros clasificatorios para o europeo de 2023.
O lateral vigués é o cuarto canteirán celeste convocado nos últimos días por seleccións nacionais. Brais Méndez estará coa absoluta de Luís Enrique, mentres que César Fernández e Miguel Rodríguez foron convocados coa Sub-18 e Sub-19 respectivamente.