16-9
Celta Fortuna

Seyni Mbaye Ndiaye chega a Vigo para reforzar a zaga do Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna incorpora ás súas filas a Seyni Mbaye Ndiaye, defensa internacional senegalés, que asina polo conxunto celeste ata 2029. O mozo, natural de Dakar, chega a Vigo tras disputar a Copa Africana de Nacións coa selección absoluta de Senegal.

Aos seus 20 anos, Ndiaye destaca pola súa gran envergadura e potencia física que o converten nun central moi sólido en labores defensivas, con boa saída de balón e presenza nas dúas áreas. A pesar da súa mocidade, xa tivo a oportunidade de representar ao seu país nunha gran cita internacional, o que reflicte a súa madurez como futbolista.

A chegada de Seyni reforza a aposta do Celta polo talento africano, especialmente procedente de Senegal, país no que o club celeste conta con dúas academias de formación nas cales ofrece oportunidades reais a novos talentos.

Con esta incorporación, o conxunto de Fredi Álvarez suma un perfil defensivo moi completo que contribuirá a afrontar ao máis alto nivel unha nova e ilusionante tempada en Primera Federación.

Benvido, Seyni!

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas