celta-b-guijuelo-barreiro-vigo-2018-2019.jpg
A Canteira

Soberbio debut ligueiro do Celta B ante o Guijuelo (3-0)

RC Celta

O Celta B estreouse ao grande na nova tempada de Segunda División B. Os celestes recibían na primeira xornada ao Guijuelo, un rival sempre complicado e ante o que os celestes mostraron a súa mellor versión. Sólidos en defensa e incisivos en ataque durante o noventa minutos, os de Rubén Albés asinaron un completísimo encontro no que demostraron unha gran cohesión como equipo.

Apeh abriu o marcador ao catorce minutos e ampliou a vantaxe viguesa nada máis comezar o segundo tempo. Álex Serrano redondeou o triunfo co terceiro tanto nun espectacular lanzamento de falta directa que a punto estivo de romper a rede do Guijuelo. Iván Villar, hoxe na portaría céltica, tamén se luciu con varias paradas imposibles. Excelente presentación oficial dos canteiráns celestes, que prometen unha nova tempada de emoción e bo fútbol.

FICHA TÉCNICA

3-CELTA B: Iván Villar, Farrando, Alende, Ros, Pampín, Rai, Serrano, Molina (Solís, min.73), Iban Salvador, Pastrana (Din, min.89), Apeh (Aarón Rey, min.86).

0-GUIJUELO: Amador, Raúl, Jesús, Ayala, Jonathan, Carlos Rubén, Carmona (Ayub, min.55), Julián Luque, Manu Dimas (Manu Gavilán, min.77), Fuster, Javier (Nacho, min.55).

Goles: Apeh (1-0, min.14); Apeh (2-0, min.47); Álex Serrano (3-0, min.60).

Árbitro: Alonso Prendes, do comité asturiano. Amonestou a Farrando (Celta B); Manu Dimas, Ayala, Ayub (Guijuelo).

Campo: Barreiro, 350 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas