Hemeroteca canteira

Solvente triunfo do Celta B ante a Ponferradina (3-0)

RC Celta

cel_b_ponfe.jpg

 

O Celta B avanza con paso firme cara ao seu soño. Esta mañá derrotou con claridade á Ponferradina, duro rival, cun partido soberbio, pleno de intensidade, ambición e calidade. Borja Iglesias, en dúas ocasións, e Hicham anotaron os tantos celestes

.

Boja Iglesias anotou aos cinco minutos desde o punto de penalti tras unha derriba a Juan Hernández para adiantar a un Celta B que comezou o choque con intensidade e decisión. Os vigueses mantiveron o empuxe tralo tempraneiro tanto do goleador celeste e encadenaron boas chegadas ante un serio e potente rival que tamén buscaba con fe a meta local.

Aos 36 minutos, gran contra de Hicham, pase en profundidade a Borja Igrexas e disparo cruzado á rede do goleador celeste. O filial, serio e fierme, despregaba un gran fútbol para superar a un duro rival. O descanso chegou coa clara e merecida vantaxe do cadro local.



Tralo descanso, a Ponferradina aumentou un punto a súa presión arriba en busca dun tanto que lles devolvese opcións. O Celta B defendeu con contundencia e buscou os espazos con criterio para contragolpear.



Ao bordo do cuarto de hora apareceu Brais para meter un xenial pase en profundidade a Borja Iglesias, quen cedeu ao centro para que HIcham anotase o terceiro Espectacular contra do Celta B. Pouco despois, González foi expulsado con vermella directa tras unha dura entrada a Hicham cando o dianteiro céltico marchábase en solitario.

Gran triunfo do filial para seguir soñando.

3-Celta B: Néstor, Kevin, Roger, Diego Alende (Robert, min.87), Samu, Borja Fernández, Juan Mera, Juan Hernández (Joao, mijn.64), Brais Méndez, Hicham (Caste, min.75) e Borja Iglesias

0-SD Ponferradina: Dinu, Nacho, Xisco, González, Abel, Jony, Chavero, Menudo, Xuri, Andy (Adán, min.74) e Pallarés (Héctor, min.67)

Goles: 1-0, min.5: Borja Iglesias, de penalti; 2-0, min.36: Borja Iglesias; 3-0, min.63: Hicham

Árbitro: Villoria Unacero, do comité madrileño. Expulsou a González con vermella directa (69`) e amonestou a Pallarés, Abel, Jony, Xisco

 

Campo: Barreiro, uns 1.200 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas