O Celta B sumou unha nova vitoria en Barreiro ao superar con claridade ao Burgos e tras unha espléndida primeira metade na que Hicham, en dúas ocasións e Joao anotaron para os celestes. O filial protexeu ben a súa vantaxe para levar de maneira merecida o partido.
O filial arrincou con determinación e ambición e en doce minutos adquiriu unha zumenta vantaxe de dúas tantos. O primeiro chegou tras un centro de Hicham desde a dereita que Joao empuxou á rede e o segundo pola outra banda, con Hicham como executor.
O dominio celeste era abafador, pero unha xogada illada e dunha enorme calidade de Álvaro Antón traduciuse nun tanto que devolvía de pleno ao Burgos ao partido. O filial seguiu empuxando con forza e aos 34 minutos de novo Hicham culminou unha longa e brillante xogada ofensiva.
A segunda metade arrincou con máis igualdade, cun Burgos adiantado e decidido e un filial serio, ordenado e centrado en protexer a súa vantaxe. O rival dominaba, con moito balón longo, e o Celta contragolpeaba. Cusi viu a segunda amarela aos 26 minutos e achandou o camiño do filial cara a unha nova vitoria. Agus redondeou o triunfo cun tanto que pechou o partido.
FICHA TÉCNICA
4-Celta B: Iván, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fernández, Gus Ledes, Joao (Agus, min.79), Brais Méndez (Juan Mera, min.72), Hicham (Adrián, min.87) e Borja Iglesias.
1-Burgos: Toni, Andrés, José Pérez, Jorge García, Dani Gómez (Sergio Esteban, min.35), Cusi, Prosi (Uxío, min.58), Armiche, Adrián, Álvaro Antón (Fito Miranda, min.67) e Diego Suárez.
Árbitro: Carbajales Gómez, do comité asturiano. Expulsou a Cusi con dúas amarelas (min.71) e amonestou a Roger, Diego Suárez, Adrián, Uxío, Armiche, José Pérez.
Goles: 1-0, min.6: Joao; 2-0, min.12: Hicham; 2-1, min.22: Álvaro Antón; 3-1, min.34: Hicham; 4-1, min.90: Agus.
Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores.