TALLER ARTERAPIA NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Taller de Arterapia para os alumnos da escola Fundación Celta Genuine

RC Celta

A Fundación Celta organizou este sábado, día 28 de maio, a quinta actividade externa/taller da tempada destinada os mozos e mozas da Escola Fundación Celta Genuine. O seu obxectivo, en relación co programa DOC e o contido correspondente a actividades de lecer e tempo libre, foi a arteterapia.

Nas Instalacións Deportivas da Madroa, en horario de 11:00 a 13:00, desenvolveuse o taller de arteterapia onde participaron os nenos e nenas da Escola Fundación Celta Genuine e contando coa colaboración dos xogadores e xogadoras da Fundación Celta Integra.

O taller, foi impartido por Sara Fernández Aguayo (Doutora en Educación e Saúde, investigadora e especialista en Dramaterapia), profesional da materia con moitos anos de experiencia

A arteterapia é creatividade, expresión, emocións e autoconocimiento. Consiste nunha terapia a través da arte, que axuda á saúde mental e o benestar emocional. Os espazos de arteterapia permiten ás persoas comunicar e expresar emocións, con liñas, cores, formas ou materiais naturais.

A actividade supuxo para os alumnos da escola unha oportunidade para explorar as súas emocións a través da arte dando renda solta á creatividade.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas