sexto taller NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Actividades gl

Taller de atletismo para os alumnos da Escola Fundación Celta Genuine

RC Celta

 

Esta fin de semana desenvolveuse a sexta actividade externa/taller da tempada da Escola Fundación Celta Genuine. Nas Instalacións Deportivas da Madroa, en horario de 10:00 a 13:00 horas, os nosos mozos deportistas e os xogadores e xogadoras do Fundación Celta Integra puideron gozar dunha magnifica convivencia cos atletas da escola de atletismo adaptada Club Deportivo Delikia, presidida pola campioa paraolímpica Susana Rodríguez.

Xornada matinal na que, por un día, houbo un intercambio de disciplinas deportivas. Primeiro unha sesión de atletismo dirixida polos adestradores do Club Deportivo Delikia para, despois dun descanso e merenda, tras recuperar forzas, continuar cunha sesión de fútbol dirixida polos técnicos da Escola Fundación Celta Genuine e a Fundación Celta Integra. Un total de cinceunta participantes gozaron dunha actividade que resultou todo un éxito en organización e desenvolvemento. Trátase da primeira de máis actividades e colaboracións entre ambas entidades.

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Integra gl Novas fundación Obra social gl

Noticias recomendadas