Máis alá da ilusionante clasificación do primeiro equipo para a UEFA Europa League, a tempada 24/25 deixa logros que reflicten o crecemento e a solidez do club en todos os seus niveis. Un dos máis significativos chega desde A Madroa, onde o talento e o traballo diario volveron dar os seus froitos ao levar a 15 xogadores xuvenís a debutar co Celta Fortuna, unha mostra clara do gran presente e o brillante futuro da nosa canteira.
Baixo a dirección de Fredi Álvarez, estes futbolistas tiveron a oportunidade de sumar minutos na Primeira RFEF, unha categoría esixente que avala o talento e o esforzo da base do RC Celta. Este logro tradúcese nos seguintes nomes propios: Moha, Jaime, Gavián, Anxo, Óscar Marcos, Antañón, Burcio, Crespo, Noya, Jones, Angelito, Conde, Tarba, Barreiros e Milla.
Todos eles son o reflexo do gran momento que vive a canteira celeste e o resultado de anos de formación e de confianza mutua. O RC Celta cre nos seus mozos, dalles oportunidades e responsabilidade, e eles responden con traballo, humildade e unha enorme ilusión por medrar en, e con, o club.
Cumpristes un soño e fixestes soñar ao celtismo. Isto é só o comezo. Noraboa, canteiráns!