O Celta e o CD Castellón acordaron o traspaso do xogador do filial celeste, Tincho. O mozo canteirán inicia desta maneira unha nova etapa deportiva en LaLiga Hypermotion.
Martín Conde chegaba por primeira vez á Madroa con tan só 11 anos onde iniciaría a súa traxectoria como celeste en categoría alevín. Desde entón sempre destacou polo seu compromiso, esforzo e traballo que o levaron a converterse nunha xogador clave para o Celta Fortuna. A tempada pasada, ás ordes de Fredi Álvarez, foron máis de 3.000 minutos os que disputou, repartidos en 36 encontros, onde anotou 4 goles e repartiu 5 asistencias. O seu notable rendemento fixérono entrar en dinámica do primeiro equipo en varias ocasiones, pero non chegou a debutar en partido oficial.
Agora, o mozo lateral ten por diante novos retos deportivos para os cales o Celta quere desexarlle o maior dos éxitos.
Esta sempre será a túa casa. Sorte, Tincho!