O club quere expresarlle o seu agradecimiento polo seu gran traballo e esforzo e desexarlle éxito no futuro
Toni Otero non seguirá no Real Club Celta a próxima tempada, segundo comunicoulle esta mesma tarde ao club o ata agora director da canteira celeste. Toni Otero emprenderá polo tanto unha nova etapa na súa carreira lonxe da entidade céltica, na que traballou de xeito exemplar durante os últimos sete anos á fronte das categorías inferiores do club.
O Real Club Celta quere expresar a súa sinceira gratitud a Toni polo encomiable esforzo e o gran traballo que realizou na Madroa e desexarlle un gran éxito na súa nova etapa profesional.