Hemeroteca canteira

Traballada e meritoria vitoria do Celta B ante o Tudelano (3-0)

RC Celta

celta_b_tudelano_291016.jpg

Traballada e meritoria vitoria do Celta B ante un rival moi esixente. Os celestes despregaron un gran xogo, ambición e irden para levar un complicado partido que os mantén na zona alta da táboa. Brais anotou na segunda metade o tanto, espléndido, que abriu o camiño. Borja Iglesias, desde o punto de penalti, e Borja Fernández sentenciaron.

 

Rival serio e esixente para un filial que foi de menos a máis, que non tardou en impor o seu estilo, dominar e xerar ocasións. O Tudelano ameazaba só a balón parado, ou con envíos longos, e o Celta B chegaba con asiduidade a través de boas combinacións e moita velocidade. A primeira metade dos celestes foi excelente, con numerosas chegadas e sen apenas conceder ocasións. O descanso chegou cun empate sen goles que non reflectía a superioridade celeste.

 

O partido non cambiou tras o Descanso, cun Celta B concentrado, serio e voraz e un rival ordenado e centrado en defender. Aos 20 minutos, gran cambio de xogo de Borja Iglesias, control majestuoso de Bais e certeiro remate cruzado á rede. Gran gol para premiar a proposta, valentía e bo xogo do filial, que despois perdoou dúas claras ocasións para sentenciar o choque.

 

A falta de cinco minutos, penalti sobre Adrián Rodríguez. Borja Iglesias acertou para sentenciar o choque e Borja Fernañndez, von un golazo, redondeou o marcador.

 

FICHA TÉCNICA

3-Celta B: Iván, Agus, Roger, Alende, Samu, Borja Fernández, Gus Ledes, Hicham (Adrián Rodríguez, min.75), Brais (Castellano, min.88), Juan Hernández (Kevin, min.80) e Borja Iglesias.

0-Tudelano: Pagola, Delgado, Lalaguna, Corral, Meseguer, Lázaro, Íñigo Ros, Lizarraga, Chema Mato (Jon Vélez, min.75), Ibai e Aser Álvarez (Jiménez, min.80).

Goles: 1-0, min.65: Brais; 2-0, min.86: Borja Iglesias, de penalti; 3-0, min.90: Borja Fernández.

Árbitro: Fernández Buergo, do comité asturiano. Amonestou a Samu, Agus, Ibai, Aser Álvarez.

Campo: Barreiro. Uns 1000 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas