Fernán adiantou aos celestes ao cuarto de hora e o rival empató dous minutos despois. A volta, en sete días no Mini Estadi
O partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei de Xuvenís deixou intensidade e unha enorme entrega, que ao Celta alcanzoulle para sumar un empate a un tantos co correoso Fútbol Club Barcelona. Encontro con polémica -sen fortuna para os locais- no que Fernán adiantou aos célticos e Pol Calvet empató un par de minutos despois, aínda na primeira metade.
Os detalles non foron favorables aos celestes na primeira metade. Aos tres minutos, co partido espertando, Thaylor estrelou un remate no pau dereito de Ondoa. Os celestes aferráronse ao seu estilo de xogo paera tratar de superar a un Barcelona que despregaba intensidade e calidade en cada xogada. Yelko Pino escudriñaba a zaga rival en busca do oco, con Santi Mina e Fernán moi abertos e Thaylor traballando arreo nas entarñas da poderosa defensa culé.
Aos 15 minutos, Yelko atopou o espazo: Deixou a Thaylor ante o meta rival e o celeste enviou cara a Fernán para que o extremo empuxase o coiro á rede. Xogada de gran beleza, moi festexada por unha grada entusiasmada.
A vantaxe, traballada, apenas tivo vida. Dous minutos despois Pol Calvet lograba o empate na primeira chegada do Barça tralo tanto céltico. O balón traspasara a liña de fondo, circunstancia invisible que permitiu o gol blaugrana. Ata o descanso, gol anulado a Santi Mina por un suposto fóra de xogo e traballo nos minutos finais para a zaga local, asediada por un Barcelona ambicioso e de gran poderío físico.
Tralo descanso, o Celta comezou a acusar o cansazo da longa tempada e a intensa Copa de Campións. Sobrepúxose con coraxe, soubo sufrir atrás e buscou sempre a área contraria. A ocasión máis clara foi para os vigueses. Yelko Pino non atinó a golpear o coiro no área pequena sen oposición.
Despois, máis polémica. Terrible entrada por detrás de Babunski a Borja, cuxo tobillo saíu moi danado. O celeste tivo que ser substituído, o rival recibiu unha amarela claramente insuficiente. Yago, porteiro céltico, enganchou o empate nesta segunda metade cun par de paradas de gran mérito.
No tramo final, chegadas en ambas porterías, co Celta desprendendo coraxe e fe para superar o agotamiento e a un rival pleno de calidade e forza. A volta, dentro de sete días no Mini Estadi.
FICHA TÉCNICA
1-R.C.Celta: Yago, Pablo Pérez, Goldar, David Costas, Samuel, Casas, Borja (Fede, min.71), Fernán (Jordan, min.65), Yelko Pino (Berto, min.76), Santi Mina e Thaylor (Miguel, min.89)
1-F.C.Barcelona: Ondoa, Godswill, Bagnak, Lucas, Costa, Samper, Pol Calvet, Adama (Sanabria, min.86), Babunski, Munir e Cristian (Enuelle, min.71)
Goles: 1-0, min.15: Fernán; 1-1, min.17: Pol Calvet
Árbitro: Arias Penas, do comité galego. Amonestó aos célticos Pablo Pérez (39´) e Casas (78´) e ao visitante Babunski (68´).
Campo: Instalacións Deportivas da Madroa
Foto: Diego Pérez