20211219_Partido_CDTudelanoVsCeltaB_3
Celta b

O Celta B pecha o 2021 con derrota en casa do CD Tudelano

RC Celta

O Celta B despediu o 2021 de maneira agridoce despois de caer derrotado por 2-0 en casa do CD Tudelano no partido correspondente á décimo sétima xornada de Liga no Grupo I de Primeira RFEF Footters disputado. Un partido no que o bo inicio dos locais foi suficiente castigo para que os de Onésimo quedaran sen puntuar na súa visita ao Ciudad de Tudela.
O Tudelano avisaba no primeiro minuto cun remate que detivo Gaizka Campos cunha gran estirada, un gardameta celeste que pouco puido facer acto seguido no 1-0, obra de Álex Gualda cun disparo raso pegado ao pau dereito da portería. O Celta B puido empatar de inmediato, cunha chegada de Javi Gómez que non se vería recompensada co premio do gol.
E é que, do posible 1-1, chegaba o 2-0 pasado o primeiro cuarto de hora cun remate de cabeza de Caballero. O partido poñíaselle costa arriba a un Celta B, que tivo que afanarse nun terreo de xogo danado polas condicións meteorolóxicas. O filial celeste mellorou co paso dos minutos, con boas ocasións para Javi Gómez e Diego Pampín, pero o resultado non se movería no primeiro acto.
O Celta B seguiuno tentando tras a continuación, xa con homes de refresco, nun partido espeso e sen un dominador claro. O Tudelano puido manter a súa vantaxe e sostivo as acometidas dun filial celeste que probou sorte ata o final, sen fortuna.
Despois desta derrota, o segundo equipo céltico pecha o ano con 25 puntos en dezasete encontros. O Celta B abrirá o 2022 disputando a décimo oitava xornada de Liga ante a SD Logroñés o domingo 9 de xaneiro ás 12:00 en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

2 – CD TUDELANO: Pellegrino; Delgado, Pela, Molina, Cedenilla; Alain Ribeiro, Álex Gualda (Iván Elena, min. 90), Aranzabe; Samanes (Cabellud, min. 90+3), Caballero, Rodrigo (Aitor González, min. 75).

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Javi Castro, Álex Martín, Carlos Domínguez (Carrique, min. 61), Diego Pampín; Alfon (Fabrício, min. 76), Carbonell (Cedric, min. 76), Holsgrove, Javi Gómez (Medrano, min. 61); Miguel Rodríguez (Gabri Veiga, min. 61), Lautaro.

Goles: Álex Gualda (1-0, min. 2); Caballero (2-0, min. 16).

Árbitro: Pardeiro Puente, do colexio cántabro. Amonestou a Álex Gualda, Samanes e Pela, do CD Tudelano, e a Onésimo e Javi Gómez, do Celta B.

Campo: Ciudad de Tudela.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas