Na tarde de Reyes e baixo un estrito protocolo sanitario, as instalacións deportivas de Campeche Country Club acolleron o acto de entrega de equipamentos a unha quincena de alumnos e alumnas pertencentes ao club azteca, quen recibiu a equiparación de xogo do RC Celta.
O evento estivo presidido por Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, que realizou a entrega e dirixiu unhas palabras de orgullo e alento aos mozos. Aínda que de momento non está previsto retomar ningún tipo de adestramento a curto prazo, estímase volver á actividade habitual na próxima primavera sempre que a situación de emerxencia sanitaria así o permita.