Dura derrota para un Celta B que viu como un Boiro sólido, agresivo e ambicioso truncaba o seu gran refacho de resultados. Os celestes, moi lonxe da súa mellor versión, caeron de maneira clara (0-3) nun partido no que nunca se sentieron cómodos.
Dominou o Boiro o inicio do choque, cunha presión alta e moita agresividade. O traveseiro salvou ao filial ao dez minutos de xogo nunha das aproximacións dun equipo visitante extremadamente concentrado, ambicioso e ofensivo.
O Boiro adiantouse aos 24 minutos cun cabezazo de Rubén Rivera á saída dun córner ante un Celta B superado ata ese momento polo rival. O filial sacudiuse o dominio, deu un paso á fronte e bico con insistencia a área do Boiro, empuxado cara a esa zona polos celestes. O descanso chegou coa vantaxe visitante cultivada a balón parado.
Na segunda metade, o Boiro trato de frear o ritmo, parar o partido e defender a súa valiosa vantaxe. Aumentouna ao catro minutos nunha contra que culminou Marcos. Duro golpe para o Celta B, abocado a tentar unha remontada case imposible ante un rival confiado e sólido.
Pouco despois, nova contra e tanto de Romay para un Boiro moi acertado que pechaba desta maneira o paetido. Dura derrota para un Celta B que viu desta maneira truncada o seu gran refacho de vitorias.
FICHA TÉCNICA
0-Celta B: Néstor, Agus, Roger, Diego Alende (Robert, min.90), Adri, Boja Fernandez, Gus Ledes, Juan Hernández (Brais, min.58), Juan Mera (Adrián, min.67), Hicham e Borja Iglesias.
3-CD Boiro: Pato, Axel, Pablo Crespo, Catú, Juampa, Mateo, Borja, Marcos (Pedro Beda, min.64), Romay, Cano (Manu, min.75) e Rubén Rivera (Gonzalo, min.69).
Goles: 0-1, min.24: Rubén Rivera; 0-2, min.49: Marcos; 0-3, min.68: Romay.
Árbitro: Sauleda Torrent, do comité catalán. Amonestou a Cano, Borja, Juampa, Brais.
Campo: Barreiro, unos 1.200 espectadores.